TY - GEN T1 - O megalitismo T2 - Colección de libros electrónicos en Xebook T2 - Colección de libros electrónicos de ULoyola A1 - Rodríguez Casal, Antón LA - Galician PP - ES PB - Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC YR - 1990 UL - https://colectivo.uloyola.es/Record/ocn98873955 AB - Sorpresa, fascinación, incredulidade son impresións que chegan a abraiar cando nos colle de súpeto o maxestoso empaque dun moimento megalítico, enchendo coa súa presencia toda a paisaxe circundante. ¿Porque facer semellante obra?, pregúntase o incré­dulo visitante. ¿Porque tanto traballo no labor de extracción das grandes laxes, o seu transporte e erguemento? ¿Cal era o pensamento deses megaliteiros? Ó mellor cicais unha fonda motivación relixiosa foi o xerme destas construccións. Ou en todo caso un dos móbiles, pois o Megalitismo hai que entendelo como un fenómeno ecuménico, polimórfico e vario, no que as estructuras pétreas non son máis que un elemento de todo un mundo cargado de simbolismos, xeral­mente en ligazón coa idea da morte e do alén. Sen embargo denantes de entrar na traballosa pro­blemática das interpretacións cómpre diante de todo facer­mos unha chea de esclarecementos terminolóxicos. En primeiro termo, adóitase falar de dolmen, túmulo, mámoa, etc. ó facer referencia ós moimentos megalíticos que inzan as diferentes rexións da Europa occidental a partir do IV milenio. OP - 204 SN - 9788498873955 KW - Libros electrónicos ER -